Saltar ao contido

Ilya Prigogine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaIlya Prigogine

(1977) Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ru) Илья́ Рома́нович Приго́жин
(fr) Ilya Romanovich Prigogine Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1917 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Moscova, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de maio de 2003 Editar o valor em Wikidata (86 anos)
Bruxelas-Capital, Bélxica Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBélxica (1949–)
Imperio Ruso Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Libre de Bruxelas Editar o valor em Wikidata
Director de teseThéophile de Donder Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica e física Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónfilósofo , químico , profesor universitario , físico , escritor de non ficción Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Texas en Austin
Universidade Libre de Bruxelas
Universidade de Chicago Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosPierre M. V. Résibois (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Influencias
LinguaLingua francesa, lingua inglesa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoRadu Bălescu, Adi Bulsara (pt) Traducir, Manuel García Velarde, Harry Friedmann (en) Traducir, Grégoire Nicolis, Zili Zhang (en) Traducir, Michael Vladimirovich Rosenberg (en) Traducir, Werner Horsthemke (en) Traducir, Leon Brenig (en) Traducir, Bernard Lavenda (en) Traducir, Francisco de Assis Bosco (en) Traducir, Dilip Kumar Kondepudi (en) Traducir, Alexandre Serge François Pomposo (en) Traducir, Alkis P. Grecos (en) Traducir, André De Palma, Paul Mandel e Ping Chen (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Arquivos en
Outro
TítuloVizconde Editar o valor em Wikidata
Premios

BNE: XX1077477 Dialnet: 822016 Musicbrainz: 6c0dadee-9571-42c9-bce5-b17493474f60 Discogs: 90227 WikiTree: Prigogine-1 Editar o valor em Wikidata

Ilya Prigogine, en ruso: Илья́ Рома́нович Приго́жин, nado o 25 de xaneiro de 1917 en Moscova e finado o 28 de maio de 2003 en Bruxelas, foi un físico, químico, sistémico e profesor universitario belga de orixe soviética, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1977.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Prigogine naceu en Moscova, Rusia nun fogar de orixe xudía. Fuxiu coa súa familia en 1921, tras a constitución da URSS, cara a Europa Occidental, establecéndose en Bélxica en 1929. Estudou química na Universidade Libre de Bruxelas en Bélxica, onde foi profesor de fisicoquímica e física teórica a partir de 1947.

En 1959, converteuse no director do Instituto Internacional de Solvay de Bruxelas. Foi así mesmo catedrático de química na Universidade de Chicago e de física e enxeñería química na Universidade de Texas nos Estados Unidos, onde fundou en 1967 o Instituto de Mecánica Estatística e Termodinámica.

En 1989 foi nomeado vizconde polo rei Balduíno de Bélxica.

Foi autor de multitude de libros: Estudos termodinámicos de fenómenos irreversibles (1947), Tratado de termodinámica química (1950), Termodinámica de non equilibrios (1965), Estrutura, disipación e vida (1967) e Estrutura, estabilidade e flutuacións (1971).
Á beira de Isabelle Stengers escribiu:

  • La Nouvelle Alliance (A nova alianza) 1979
  • Order out of Chaos 1984
  • Entre le temps et l’éternité, París, Fayard, 1988. Reeditado por Flammarion, « Champs » n° 262

Investigacións científicas[editar | editar a fonte]

Especialista en termodinámica, realizou investigacións teóricas sobre a expansión da termodinámica clásica no estudo dos procesos irreversibles coa teoría das estruturas disipativas. Considéraselle o precursor da teoría do caos.

En 1977 foi galardoado pola Real Academia das Ciencias de Suecia co premio Nobel de Química por unha gran contribución á acertada extensión da teoría termodinámica a sistemas afastados do equilibrio, que só poden existir en conxunción coa súa contorna.

Outro dos seus máis soados libros, de título Tan só unha ilusión, é unha antoloxía de dez ensaios (elaborados entre 1972 e 1982) nos que Prigogine fala con especial afán sobre este novo estado da materia: as estruturas disipativas, asegurando que con estes novos conceptos ábrese un "novo diálogo entre o home e a natureza".

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
William Lipscomb
Premio Nobel de Química

1977
Sucesor:
Peter D. Mitchell